Nas nosas instalacións, unha oferta de conciliación na cidade de Lugo e unha oportunidade para os máis pequenos de compartir e xogar con outros nenos durante as vacacións dos máis cativos.
Unha actividade integral, como se de un xogo de rol se tratase: espectáculos, concursos, enigmas, entrevistas, runas, sentidos, scape room, ubuntu, natureza, cores, meraki… conceptos que poderán atopar e irán descubrindo en todas as nosas actividades. Cun espazo totalmente renovado, adaptado ás actividades, e o mellor equipo de profesionais ao frente. Todo isto fai posible posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias lucenses no tempo lectivo fóra do calendario escolar, a través dunha oferta variada de actividades lúdico- educativas cun ratio de 1 monitor cada 10 participantes.
Desenvolverase durante os días lectivos das vacacións escolares. Contempla actividades de lecer e educativas, nun ambiente alegre e relaxado no que todos/as os participantes se sintan parte do grupo e se promovan tamén valores de igualdade, solidariedade, coñecemento da cidade e dos valores cívicos. Actividades en inglés, aventura e deporte na natureza, grandes xogos, ximkanas, saídas e visitas, cociña creativa, manualidades… serán eixos do traballo de intervención educativa que se proporcionará aos participantes, guiados por monitores profesionais.
Os Teus Datos
Ficha Técnica
Quenda
Actividades
Lug 2
Un montón de cousas e sobre todo gozaremos dos dias de vacacións de Nadal.
Como tés nas informacións da web temos diferentes horarios.
7:50 – 9:00 – Madrugadores
9:00 – 14:00 – Ludoteca
14:00 – 15:00 – Xantar
15:00 – 16:00 – Sobremesa
Podes elixir o que precises.
Tés opción de elixir os nosos xantares, cada día temos menús diferentes elaborados no propio albergue cunha dieta equilibrada.
Prazo de inscrición desde o 12 de novembro.
Enche o formulario na reserva de praza. Ingresa ou paga en efectivo o 50% do total en concepto de reserva de praza. Se o fas por transferecia na conta de ES31 2080 5191 1830 0002 4353, concepto: “Campamentos de verán lug 2 e o nome do usuario”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa nos anteriores 7 días do comezo da actividade durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración da actividade). Descontaráseche do prezo total ao realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o programa porque non se cubriran as prazas mínimas.
Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo iria.quintans@vidalactea.com poñendo no asunto a palabra “Nome e apelidos” do participante.
Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da reserva e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración da actividade, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha información práctica. Se tes calquera dúbida podes chamarnos ao 982 82 84 92
Agardámoste!