Este Campamento de Semana Santa na nosa Ludoteca estivo chea de aventuras e natureza! Aínda que a choiva nos acompañou, non deixou que fose menos divertido. Aproveitamos cada raioliña de sol para explorar os arredores, recoller flores e xogar. Tamén puidemos facer o noso propio papel reciclado e construímos casiñas para paxaros con materiais de refugallo. Estamos desexando que chegue o bo tempo para que os nosos amigos voadores se acheguen a elas!


Tamén vivimos unha emocionante caza das fabas máxicas por todo o edificio, resolvendo pistas e traballando en equipo. E, como non podía faltar, dedicamos tempo ás nosas actividades favoritas: o pintacaras, o escondite e as cadeiras musicais, desta vez con motivos primaverais.
Aínda que o tempo non fose o mellor, aproveitamos cada momento para xogar, crear e descubrir os segredos da natureza. Agora volvemos con moitas historias que contar… Pero, vémonos no próximo campamento? 😊🌿

Andrea

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2025. Tódolos dereitos reservados