Info
Campamento de multiaventura da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, con actividades náuticas, de praia, escalada en rocódromo, cometas de tracción, slackline, rastrexo, tiro con arco, aula de natureza, xogos tradicionais.
O Campamento Xuvenil de A Devesa é unha gran extensión con tendas de campañas que se atopa na parroquia da Devesa (Concello de Ribadeo) a 100 m das praias de Reinante e das Catedrais. O aloxamento é en tendas de campaña. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios, instalacións deportivas e pavillón de actividades.
Non dispón de zonas asfaltadas. Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.
Por estrada: A 11 km de Ribadeo, na estrada LU-862. Autobuses desde Lugo todos os días.Por ferrocarril: Estación FEVE en Reinante e Ribadeo (liña Ferrol – Xixón)
A Rochela s/n, 27700 A Devesa, Ribadeo (Lugo)
982 123 300