E… Outras 6 quendas máis que pasan por Marina Española!!! Diferentes nenos, nenas, monitores e monitoras; todos e cada un deles deixaron un cachiño de corazón neste campa. Outro verán máis desfrutando de tódalas actividades tan divertidas e rodeados de xente marabillosa.
Eu, a enfermeira que estivo todas estas 6 quendas do verán, lévome un recordo que gardarei nun oco do meu corazón para sempre. Foi unha aventura que tiña moitas ganas de vivir, e agradezo moitísimo tela vivido.
Levantarse cada día e ver un sorriso na cara de cada acampado, foi toda unha sorte. Son afortunada de rematar este blog despois de todo o verán, xa que quero agradecer todos os momentos vividos cos meus compañeiros/as de traballo e ter coñecido tantos acampados! Ata o verán que vén Marina Española.
Lola