As miñas lágrimas ao rematar as prácticas de monitor de tempo libre amosan unha soa cousa: ledicia.
Ledicia de poder estar 15 días intentando facer a nenos e nenas moi felices, esquecendo preocupacións e probando actividades que non todos os días teñen a oportunidade de facer.
Eu mesma fun a primeira en desfrutar tanto ou máis que os propios rapaces. Todo isto, por suposto, non sería posible sen o marabilloso equipo de monitores e dirección que tiña ao lado. Transmitiron dende o primeiro momento valores va dos que puiden aprender moitísimo, sendo o respecto o máis importante.
Foi unha experiencia inesquecible.
Lucía