Son Paula e no seguinte texto gustaríame compartir a miña experiencia vivida nunha das quendas na Mariña. É certo que ao chegar, tiña medo de non encaixar tanto a nivel personal como laboral debido a ter traballado ao longo deste verán con outros grupos de persoas en campamentos de pernocta, pero foi moito máis sinxelo do que me puiden chegar a imaxinar nun primeiro momento.
Con respecto ao ámbito profesional, recoñezo que o grupo está formado por perfiles moi distintos que encaixan moi ben, polo que puiden aprender algo de cada un/unha deles/as destacando principalmente a animación, resolución de conflitos e trato de persoas con necesidades de apoio. Ademais, tiven a oportunidade de coordinar varias veladas que me serviron para seguir formándome, xa que este é un traballo no que nunca se deixa de aprender xa que non hai dous/dúas nenos/as iguais.
Gustaríame agradecer á dirección, coordinación e ao equipo de monitores e monitoras por acollerme, incluírme, confiar en mín e principalmente facer máis sinxelo e levadeiro o cambio de metodoloxía e de ambiente.
Por todo isto, a miña experiencia na Mariña non podería ser resumida nunha única palabra e agradezo moito ter compartido estes oito días cun grupo tan marabilloso de persoas.