Ola son Lucia .
En canto a miña experiencia en Mariña aprendín tantas cousas que sería imposible resumilas aquí todas . Entre as mais importantes a nivel profesional o coñecer o funcionamento dun campamento dende a perspectiva de monitora, como dinamizar e dirixir actividades mantendo a atención dos nenos e o seu interese.
Tamen como o importante que é ser un referente para os cativos/as mantendo a coherencia entre as nosas premisas e accións, así como o saber reaccionar antes situacions non previstas ou mais complicadas que outras. Tamen penso que é moi importante a boa relación e comunicación co grupo de monis xa que de iso dependen os bós resultados nas actividades organizadas e a diversión dos nenos/as. Aprendín tamen en como deixar cara un lado os problemas persoais e seguir entretendo aos pequenos xa que non é a sua culpa as cousas que nos pasasen.
Por último gustaríame destacar a implicación por parte dos monis cara min xa que foi gracias a eles todo o aprendido e agradecese moito.
Lucía
Eu cheguei a este campa con moitos nervios xa que nunca estivera en contacto con moitos nenos e menos como monitora. Nada mais entrar entroume mais o pánico xa que vin que todos os monitores tiñañ un moi bo feeling pero solo me faltaron 5 minutos para sentirme cómoda entre eles.
Ao principio estaba moi perdida pero grazas á axuda e consellos dos monitores e da dirección puiden resolver as miñas dudas e sobre todo aprender.
O que mais fixen nestas duas semanas foi aprender, poderiase dicir que estas prácticas para min foron como unha fonte de coñecemento da que aprender todo o que poida; aprendín moito tanto dos meus compañeiros coma das experiencias e incluso dos nenos.
O mais curioso do meu paso por aquí foi que eu pensei que estaría deseando irme pero sen embargo hoxe, no dia no que teño que marchar, non teño ganas de saír de aqui.
Por último dicir que ademais de aprender, esta experiencia serviume para ter mais claro ao que me quero dedicar a este ámbito; o ámbito do profesorado.
Iria