Un ano mais, remata outra etapa de Nadal e tamen remata o que para min, e seguro que para algunhos e algunhas mais, foi unha gran experiencia. Coa axuda de todos os nenos e nenas e tamen das monitoras, fixemos que esta última semana fora inolvidable para nós e o pasáramos igual de ben que a primeira semana. Como cada dia, comezamos as xornadas con contos de Nadal. Esta semana os rapaces tamen puideron descubrir chea de cousas a través de grandes experimentos e experiencias científicas. Ademais, tamen tiveron a oportunidade de xogar coas bicis, cos monopatins ou co que para algún e algunha era algo novo como os flickers. Como novidade para eles, puideron coñecer unha actividade nova, o slackline, co que botaron tempo xogando e pasandoo en grande. Foi unha semana chea de alegría e diversión para todos e todas!
Esta foi a miña primeira experiencia como monitora con rapaces e rapazas tan xovenes. O primeiro día como monitora en prácticas ía moi nerviosa, sin saber o que me iba atopar cando chegara ali. Para a miña sorpresa, xa que nunca tivera a oportunidade de traballar neste ámbito e moito menos con nenos e nenas tan pequenos, o contacto con eles foi moi cercano desde o primeiro minuto, o que favoreceu e facilitou moito mais a miña estancia traballando con eles. Como fin desta tempada, só podo dicir que me vou moi contenta e con moitas ganas de repetir esta gran experiencia moi pronto.
Laura.