Despedimos a quenda de Endevésate do Campamento Xuvenil de A Devesa da Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia. Este ano voltamos á normalidade sen restriccións, sen grupos burbulla, sen antíxenos…os campamentos voltaron a ser coma antes !!!
456 nenos e nenas gozaron en Multiaventura, Medioambiente e Mar 1, 2 e 3; así, como no Endevésate ao carón do Mar. Por primeira vez moitos puxéronse de pé nunha táboa de surf e subiron ao rocódromo facendo disto unha experiencia única, aprenderon a facer construcións no eido natural ou explotar as neuronas ca xincana de aventuras. Non quedou aí a cousa, xa que tamén traballamos valores en Conecta2 e aprendimos o significado da palabra confianza.Botaremos de menos “a nena bala”, “la caaaaajaaaaaa”, a sandia gorda gorda, os contos de boas noites, “o every body let´s go !!”, a Poseidón, a ametralladora…
Sara e Javi