Ola, son Lucía. Estou no campamento de Mariña Española e este campamento, con diferencia, é o mellor de todos aos que teño ido.
Os monitores e monitoras son súper bos, animan moitísimo con música e bailes. As actividades son moi variadas e divertidas. A comida está riquísima e os cociñeiros/as son moi agradables.
As mañás están cheas de actividades divertidas. Despois de comer temos tempo libre e despois a xogar de novo.
Hai cousas que me custaron máis e menos pero animábanme tanto que me fixeron crer que todo o que me propuxera o podería facer. Para mín é un gran campamento, o mellor. Recoméndoo.
Lucía, 11 anos