Nesta nova edición do Campamento Urbano do Albergue Xuvenil Lug 2 xuntámonos un grupiño de nenas e nenos con gañas de compartir momentos, reencontrarse con compis doutros anos, coñecer novos amigos e, sobre todo, desfrutar do verán.
Fixemos unha morea de cousas: xogos no patio, actividades en contacto coa natureza, experimentos, ximcanas. obradoiros, cociña, buscas do tesouro, actividades artísticas… E o que máis nos gusta, os xogos de auga!
Agora toca a volta ao cole, pero seguro que nos veremos pronto!
Ata a próxima!
Cris