Ola! Somos do grupo 2 e no noso día de onte fixemos kaiak e paddle-board, pasámolo moi ben xa que a auga estaba morna e facía moi bo tempo. Ademais, ao saír da auga almorzamos todos xuntos.
No día de onte tivemos sorte xa que nos tocou unha comida moi rica: de primeiro macarróns con queixo e tomate, de segundo carne con patacas e de sobremesa sandía.
Pola tarde tivemos xogos de auga na piscina da vila e logo fomos mercar un xeado.
Na outra metade da tarde estivemos xogando e divirtíndonos en inglés. Despois da ducha limos e rimos entre todos co buzón do campamento chamado “Wassi”.
Á hora de cear puxéronnos puré e calamares con ensalada e de postre arroz con leite.
Ao rematar comezamos a velada dos sentidos onde tivemos que ir a cegas facendo probas, encantounos!
Rematamos o día cun conto, cantando “o piollo” e indo para a cama.
Hoxe compartimos convosco o noso programa de radio (Grupo 2) e tamén o dos compis do Grupo 3.