Neste apartado do blog, imos describir a experiencia que vivimos durante esta quenda, xa que tristemente chegou o final. Ó principio sentíamonos bastante inseguras porque cantar e bailar é algo que nos desperta certa vergoña á vez que interese, pero finalmente podemos decir que a experiencia foi moi boa e moi bonita.
Respecto ó noso musical, quedamos moi contentos co resultado, consideramos, ademáis que pode servir para concienciar ás persoas que queran iniciarse na loita contra o cambio climático.
Hoxe, é un día bastante duro, xa que todas nos sentimos moi acollidas e fixemos moitísimas amizades ás que nos costa dicir adiós. Queremos recalcar o ben que o pasamos e o tristes que estamos de deixar esta pequena gran familia á que pertencimos durante 8 días.
Saray, Paloma e Julia