Nas épocas non lectivas e de período non escolar: Nadal, Entroido, Semana Santa e Verán xorden os diferentes Campamentos para os máis pequenos de Lugo. Con servizo de madrugadores desde as 7:50 h, xogos e actividades durante toda a mañá, posiblidade de xantar no Albergue Xuvenil Lug 2 con comida elaborada no propio albergue e servizo de sobremesa posterior ata as 16:00 da tarde, podes escoller a modalidade que prefiras para os teus fillos.
Actividades temáticas, grandes xogos, obradoiros, experimentos científicos, cociña divertida, deporte, actividades en inglés…e moito máis !!
Podes seguir as aventuras dos máis pequenos no noso blog.