Este Nadal o Campa estivo chea de sorpresas e diversión. A primeira semana preparámonos para a chegada de Papá Noel deixando a árbore moi ben decorada coas nosas creacións e visitando a Mamá Noel para entregarlle as nosas cartas, e debéronlle gustar, porque nos deixaron unha morea de regalos.
Despois de moitas outras actividades, como construír casiñas navideñas con cartón, árbores con piñas ou pintar tazas, démoslle a benvida ao 2025 da mellor maneira posible cunha xincana para atopar as 12 uvas perdidas das badaladas.
A pesar de que o tempo non fose o mellor, tamén puidemos aproveitar para saír a fóra e patinar, xogar ás escondidas, buscar tesouros e recoller materiais para os nosos inventos. Iso si, sempre sen esquecernos das nosas actividades favoritas: a cociña e o pintacaras!
Agora toca a volta a clases coas enerxías recargadas… Pero, vémonos no Entroido?
Andrea