Xa chegamos a metade desta ludoteca de nadal no Lug 2. Cada día estamos rodeados de diferentes animaliños do Nadal que nos propoñen moitos xogos, manualidades, receitas de cociña, experimentos e sobre todo, moita diversión.
Neste último día de ludoteca do ano, fixemos a nosa propia festa de fin de ano onde puidemos pintar as nosas caras con motivos de Nadal e facer o noso propio confeti co que xogar ao redor da árbore de Nadal.