O primeiro dia fixemos unha velada sobre animais mariños. O xogo chamábase “a cadea trófica”. Había catro equipos. Cada membro do equipo tiña asociado un numero do 1 ao 10. O obxetivo era conseguir o fitoplacton (o número 0) e as orcas (o número 10). Os números grandes comíanse aos pequenos. A orca (número 10) pode comer a todos os animais menos ao fitoplacton e o fitoplacton come a orca e é comido por todos os demais. Unha vez enfrentabaste a un número mais pequeno este dabache o seu papel e levabalo a casa do teu equipo.
Disfrutamos do xogo porque pareceunos entretido, interesante e orixinal. Foi unha boa maneira para interactuar cos outr@s acampad@s.
Faia e Irene