Ola! Son Andrés, actualmente estou no campamento de Mariña Española porque me gusta e porque meus pais tiñan que traballar.
A comida está moi boa e as actividades son moi divertidas. Gustoume moito xogar ao brilé ou á petanca; e, descubrir xogos novos para min como son o goalball, kimball ou o de asalto ao castelo.
A praia á que sempre imos gustoume moito, nunca vira unha area tan miúda e a auga está xenial e tamén me gustaron os bailes e cancións que aprendín.
Estou moi agradecido co persoal de mantemento e coas cociñeiras e cociñeiros da instalación, e tamén cos monis por preparar as actividades con tanto esmero e por axudarnos en todo. Tamén estou agradecido cos meus amigos/as por alegrarme e facerme rir.
Grazas e que todos/as saiban que este campamento “mola mazo!”
Andrés