Hola eu son Xulia e vou contar a miña experiencia no campamento, pois acabo de marchar :(. Desde o primeiro día souben que iba ser moi divertido e que ía haber bo rollo, pero non tiña as expectativas tan altas. As actividades super divertidas, os monitores moi enrollados e traballadores, os compañeiros moi majos e todo en xeral foi maravilloso. Hoxe grabamos a primeira escea do musical porque senon eu non saldría e foi un estrés constante, pero quedou ben ao final e teño fe en que todo xunto valga a pena polo traballo que hai por detrás
. Pola tarde competimos o noso campamento contra o campamento de deseño e creo que está máis que claro que gañamos nos jejeje. Eran uns xogos de auga como os que fixemos onte e antonte pero hoxe foi máis entretenido porque non éramos os mesmos de sempre.
Aproveito para dicir que estou super orgullosa de todos os do musical e encantada de poder compartir estes poucos días con eles.