Boas, somos Valeria e Maria, dous participantes do Campamento Oleiros Surf Camp. Levando xa máis dá metade dá nosa estancia nesta actividade, temos claro que as nosas mellores experiencias fuoron surf e unha velada chamada “Romer e Montgomery”.
En canto ás veladas, estiveron todas moi ben, pero a mencionada anteriormente foi incrible porque, a pesar de apenas coñecernos aínda, formamos dous equipos magníficos. A actividade baséase nunha simulación dunha batalla militar formada por dous bandos que teñen que obter a bandeira do bando contrario. Así, foi unha noite chea de emocións e de conexión cos novos monitores e compañeiros, formando desta maneira un grupo unido dende ou principio.
Con respecto ao surf, divertímonos moito. É verdade que a praia non ten ondas enormes, pero para aprender e pasar moi bo intre, é perfecta. En canto aos monitores de surf foron todos moi amigables e transmitían a sensación de desfrutar co que estaban a facer. Persoalmente, aprendemos moito e temos moitas ganas de repetir e, en xeral, ou campamento en si, é único!