No campa da Devesa fixemos unha actividade chamada Conecta2, coa finalidade de que os nenos e nenas falasen sobre temas como o “bullying”, os medos ou a sexualidade.
Pasamos unha mañá moi entretida e abríronse con casos persoais que viviron ao longo da súa vida. Tivemos que rematar a actividade porque o tempo finalizaba e dixéronnos que querían que volvésemos a ter este tipo de charlas, conversacións e debates.
Paula Guardado