Ola! Como estades? Somos o grupo 3 e démonos conta de que todos viñemos ao campamento para facer amigos/as e divertirnos. Cremos que conseguimos o obxectivo porque nos levamos moi ben e traballamos moito xuntos/as.
Compartimos moitos momentos, tanto felices como de baixón, pero sempre estamos para apoiarnos.
Fixemos moitas actividades como por exemplo tiro con arco, kaiak, paddle board… E as que máis nos gustaron foron orientación e kaiak.
Tamén fixemos veladas e a que máis nos gustou foi o far-fan, ata nos deron puntos extra por bailar super ben.
Sobre marchar non queremos falar porque nos da moita pena ter que despedirnos das amizades que fixemos, aos monis e ao campa en xeral.
Aquí deixámosvos o noso programa de radio.
Tamén o programa de radio do grupo 2.
Ogallá coincidir outro ano!