Onte espertáronnos con música electrónica e así nos levantamos, vestímonos e fomos almorzar.
Pola mañá fomos á auga para facer kayak e paddle ademais de xogar, foi moi divertido.
Pola tarde estivemos na piscina natural facendo xogos de auga e logo tomamos un xeado moi rico.
A cena estaba riquísima e despois fixemos a velada, na que tiñamos que ir cos ollos pechados pasando as probas dos cinco sentidos.
Este é o noso programa de radio (grupo 2) co que hoxe nos puxemos mans á obra.
Un saúdo!
Yago