Hoxe contamos na sección de Peares Secrets con 8 testemuñas que nos contan como é o campa en primeira persoa:
Ola, chámome Sabela e gústame xogar ao fútbol. O que máis me gusta do campamento son as actividades de kayak e paddle aínda que tamén me gusta moito o tiro con arco.
Eu chámome Mauro e o que máis me gusta do campa é tamén kayak, as veladas, os compañeiros, os monitores, o salseo, os chistes e as actividades en inglés.
O meu nome é Javier, gústame a comida do comedor, as excursións, o kayak, entre outras cousas. No campamento pasoo moi ben.
Ola, chámome Elisa. Cheguei a este campa pensando que non faría moitos amigos pero fixen moitos. Gústame moito facer kayak e paddle. Todos os monitores son moi agradable.
Boas, chámome Laura e teño 10 anos. O que máis me gusta do campamento é facer novos amigos e as veladas. Tamén me gustan as actividades como paddle e kayak.
Ola, o meu nome é Dani. A mín encántame o campa porque é moi divertido, as veladas, etc. Aínda que as miñas actividades favoritas son as clases de kayak e paddle, pero sobre todo o obradoiro de radio e os xogos.
Ola, chámome Gabriel e encántame este campamento. Son moi divertidas as veladas e as actividades na auga. Aínda que odio o inglés, divírtome moito. Coñecín a moita xente nova e fixen moitos amigos novos.
Ola, chámome Marta. O que máis me gusta do campamento son as actividades como paddle, kayak, os xogos, pero sobre todo as veladas. Tamén me gusta ter coñecido novos amigos.
Deixamosvos ademáis, o programa de radio que preparou este marabilloso Equipo 5.