Neste ano de difícil xestión que está a piques de rematar temos claro que os nenos e nenas teñen que relaxarse nun espazo de ocio onde poidan xogar e divertirse dun xeito diferente; e ao mesmo tempo que os seus pais e nais poidan conciliar a vida laboral coa familiar dende un punto de vista seguro.
O verán deixounos claro que se as cousas se fan con sentido e se traballa con seriedade se poden acadar todas as metas que nos propoñamos. O único que temos que facer é cambiar un pouco a maneira de facer as cousas, incluso de sentilas.
Son moitos os motivos que nos levan a convocar este ano a Ludoteca de Nadal, pero cremos que o máis importante é o poder ter un balón de osíxeno na cidade para que todos e todas poidamos sobrevivir nesta aparente normalidade.
Agardamos que vos guste a idea e agardamos vervos.
Coidádevos moito e moitas gañas de pasalo ben.
Iria, Javi e Xosé.