E chegamos xa a metade da nosa aventura estival e para celebralo tivemos un día de excursión dos que fan historia. Cun tempo expléndido percorremos fermosos e sombreados sendeiros para descansar, e xogar á beira do río. Moitos chistes, moitas risas e un ambientazo de campamento que fixo que o xantar de picnic soubera á gloria. Un día para lembrar moito tempo!