Arrincamos a última quenda cun feixe de nenos e nenas que chegaron con moitísimas gañas de divertirse e iste campamento literalmente vai ser unha festa. Cada día transitaremos por algunha das máis míticas festas da nosa terra e hoxe comezamos co Entroido, indo todos e todas disfrazados onde un peliqueiro fixo de guía por diversos talleres de murgas, carrozas e máscaras, un desfile, colgar o meco ata o final que chegou co enterro da sardiña e todo. Un día fabuloso que converteuse nunha gran promesa do que está por vir.