Hoxe novas actividades chegaron con aire fresco á programación do campamento, renovandoo para ofrecer áos seus participantes novos xeitos de divertirse. A mañá foi ocupada por un refrescante paso pola piscina e un suave paseo en bicicleta de montaña para explorar a contorna dende un punto de vista diferente. Pola tarde marchamos todas para o parque para desenvolver unha divertida xincana de aventuras con slack line e tiro con arco e máis uns imaxinativos xogos de teatro. Un día redondo!