Comezamos a última quenda deste verán nos Peares! O gris do ceo non nos amargou a chegada, e adicamos a tarde a preparar a decoración e os símbolos dos nosos Templos da Terra, o Vento e a Auga. Pola noite, os Mestres dos Elementos nos guiaron a través das probas da primeira velada. Que máis misterios viviremos nos próximos días?