E xa se achega o final e tivemos un día tamén pasado por auga, pero aquí do que estamos empapados é de optimismo, alegría e celebración polo final dunha quenda na que as nubes non se portaron moi ben pero no que reinou sempre un ambiente de cooperación, compañeirismo e amizade que deixará unha pegada imborrable na memoria de todos. Hoxe tivemos cine, xogos e moita, moita festa para darlle un peche como mereceu esta experiencia.