Un ceo triste e uns corazóns alegresO tempo atmosférico non se está portando moi ben nesta quenda e deixanos sair pouco ao exterior, pero non hai de que preocuparse porque os ánimos das nosas rapazas e rapaces están indemnes e atopamos moitos xeitos de divertirnos. Pola mañá estivemos facendo uns talleres dinamizados nos que sairon reflexións moi chulas sobre a violencia e xa pola tarde dimos rienda solta á imaxinacion cos talleres de creación audiovisual, dos que sairon unhas curtametraxes moi creativas que mereceron, todas elas, seu premio especial. Xa pola noite fixemos un percorrido para redescubrir as nosas emocións nunha marabillosa velada.