No día de hoxe recibimos un novo contixente de perquenas e pequenos con moitas gañas de gozar dunha magnífica experiencia de campamento. Foi unha xornada de moitas emocións por coñecer as instalacións, os compañeiros de habitación e os do grupo co que imos compartir un estimulante viaxe polo tempo, que é a ambientación escollida como fío condutor desta quenda. Foron moitos os xogos para irse coñecendo e houbo tempo tamén para a creatividade e para decorar as habitacións e facelas máis nosas.