Un comezo gris cun final luminoso. O día presentouse nubrado e aínda que pareza o contrario foi estupendo para poder disfrutar das actividades náuticas sen que a calor e a radiación solar fose demasiado implacable. Xa a tarde foi máis luminosa e a calor foise combatente en regulares chapuzóns desde as embarcacións. Pero entre palada e palada no encoro también houbo tempo para moitos xogos no parque que son caldo de cultivo para que a confianza vaia medrando e as amizades se vaian afianzando. Xa na noite deixamos de exercer os músculos para exercer os miolos cunha apaixoante velada de enigmas ambientada en Buscando a Nemo.