Nesta xornada a actividade centrouse na nosa contorna, adicando a mañá a coñecer os puntos máis interesantes da vila na que está radicada a instalación e as nosas actividades. Xa na tarde o descubrimento tivo como protagonista o encoro de Belesar e na que os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de tomar contacto co río no kaiak ou co paddle board. Un día intenso é moi moi satisfactorio!