“Arricamos de novo cunha moi boa provisión de emoción e ilusión provista por esta última remesa de rapazas e rapaces que chegaron hoxe e que xa enchen a instalación de carreiras, risas e agarabía. Un día o de hoxe con xogos para a toma de contacto, irse coñecendo e facer que xurdan xa os primeiros brotes dunhas amizades que poida que sexan para sempre”.