Este domingo comezou a segunda quenda do Campamento de Astronomía de San Xoán de Río. Tras a chegada dos participantes ás instalacións de xeito escalonado e o xantar, estes estableceron un primeiro contacto coas normas de seguridade sanitarias. Deseguido, para coñecernos mellor levamos a cabo unha serie de xogos de presentación. Houbo tamén tempo para os xogos predeportivos, coma o brilé. Despois da cea chegou o xogo da noite, o cal consistiu na caza do monitor. #campasdegalicia #campamentos #campañadeverán