A Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado xunto co Concello de Quiroga están estos días a celebrar un campo de voluntariado arqueolóxico fin de poder limpar e poñer en valor o Castro de Penadominga, un enclave arqueolóxico de primeiro nivel no que permanecerán varios voluntarios e voluntarias de entre 18 e 30 anos.
Ademáis os mozos e mozas foron recibidos pola concelleira de cultura e alcalde de Quiroga onde lles entregaron uns agasallos e logo descubriron con Nacho, o seu director, esta marabillosa contorna da Ribeira Sacra.